Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.283

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Manuel Casteleiro Maldonado e outros contra o Decreto 41/2000.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, tramítase o recurso nº 01/314/2000 interposto por Manuel Casteleiro Maldonado e outros contra o Decreto 41/2000, polo que se aproba a modificación dos estatutos da Universidade da Coruña.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas nese procedemento; emprazándoas para que poidan comparecer en legal forma perante os devanditos xulgado e recurso, no prazo de nove días; e facéndolles saber que de compareceren fóra do indicado prazo teránse por parte para os trámites non precluídos, e que de non comparecer oportunamente continuará a tramitación do procedemento sen a obriga de practicarlles ningunha notificación (artigos 49 e 50 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria