Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.283

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2000, conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se adxudica a prórroga da bolsa de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria, convocada no anexo VI da Orde do 14 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 25 de abril).

A Orde do 14 de abril de 2000 (DOG do 25 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para prórroga da bolsa correspondente ó Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de IDT, prevé no anexo VI, a concesión da prórroga da bolsa de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria.

A única solicitude admitida para participar na dita convocatoria foi estudiada pola correspondente comisión designada para o efecto. De acordo coa proposta elaborada pola dita comisión.

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlle-la prórroga da bolsa de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria a: Nuria Cid Álvarez.

Segundo.-No caso de producirse a renuncia á prórroga citada no punto primeiro, quedará esta deserta.

Terceiro.-Esta resolución pon fin á vía administrativa, contra ela poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Gali

cia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2000.

P.D. (Orde 14-4-2000, DOG do 25) P.D. (Orde 14-4-2000, DOG do 25)

José Mariano Pérez FernándezMiguel Ángel Ríos Fernández

Director xeral de Desenvolvemento RuralSecretario xeral de I+D