Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, da contratación dun servicio de distribución automática de bebidas mediante a instalación de máquinas expendedoras en varios centros dependentes desta xerencia. (C.P. 3/2000).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7º da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita.

Obxecto.-Contratación dun servicio de distribución automática de bebidas mediante a instalación de máquinas expendedoras en varios centros dependentes desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo, de acordo co contido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias. C.P. 3/2000.

Canon.-A empresa adxudicataria do servicio estará obrigada a aboar un canon anual, que se fará efectivo trimestralmente e dentro dos cinco primeiros días do trimestre correspondente.

Forma de adxudicación.-Concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato.-Un mes desde o asinamento do contrato.

Admisión de variantes.-Admítense variantes.

Documentos de interese para os licitadores.-O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos Servicios de Subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono 982 29 63 29 e 982 29 62 19; fax 982 29 62 28; tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Garantía provisional.-2% do orzamento máximo.

Nº orde 1: Ribadeo.

Nº orde 2: Chantada.

Nº orde 3: Viveiro

Nº orde 4: Lugo (Xerencia)*.

Nº orde 5: Guitiriz.

Nº orde 6: A Fonsagrada.

Nº orde 7: Meira.

Nº orde 8: Becerreá.

Solvencia económica e financeira.-Presentarán declaración relativa á cifra do negocio global e dos servicios prestados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Solvencia técnica.-Presentarán declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para a execución do contrato. Relación dos servicios executados nos tres últimos anos, xuntando certificados da boa execución para os máis importantes.

Criterios de adxudicación.

a) Canon ofertado: 3 puntos.

b) Lista de prezos: 3 puntos.

c) Seguridade e calidade na prestación do servicio: 2 puntos.

d) Prestacións e servicios engadidos ofertados: 2 puntos.

Clasificación.-Non se precisa.

Presentación de proposicións.-As proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo , o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax: 982 29 62 28, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións.-Terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que presentarán os licitadores.-Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.-O pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 16 de maio de 2000.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria