Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de abril de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica proposta do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal 67/1999, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña, por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante o Servicio Provincial do IGVS da Coruña, alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 25 de abril de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 67/1999 (ocupación s/título).

Expedientada: Cruz Méndez Rodríguez e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Profesor López Dafonte, cuarteirón 23, P-1, 3º Esqda. Polígono de Esteiro-As Telleiras (Ferrol).

(Expte. C-82/010, conta 153).