Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de abril de 2000, da Área Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador VP-C 49/1998, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución do expediente sancionador, VP-C 49/1998, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e

permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa de 200.000 ptas., sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase intepoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 25 de abril de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 49/1998.

Juan José Casal Raindo.

Rúa Antelo, portal 7-6º Esqda.

Polígono de Esteiro.

Ferrol.