Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 24 de abril de 2000, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela (Lugo), pola que se lles notifican as persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e período executivo, polos servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron seren atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibiren as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0315-95-0008142490 do Banco Gallego nos prazos que se sinalan no artigo 20 do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro (BOE nº 3, do 3 de xaneiro de 1991), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR), modificado a través do R.D. 448/1995, do 24 de marzo (BOE nº 74, do 28 de marzo).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, segundo o artigo 21 da Lei 11/1992, do 7 de outubro (DOG nº 200, do 14 de outubro), de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se produza o cobro, escomenzarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderá interporse no prazo de 15 días, a partir do seguinte ó desta notificación, recurso de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Burela, 24 de abril de 2000.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

(ptas.)

Roi Blanco González46.913.395Fra. 2000001741-1-199924.329
Ivón Buitagro Burbano66.576.489Fra. 990114427-1-199924.329
Elena Escariz Español32.440.171Fra. 990013221-8-1998250.500
Pablo García Quintana76.572.895Fra. 980056413-3-1997139.725
Ángeles García Cadaveiro32.756.575Fra. 980056310-5-199723.805