Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación do acordo de reapertura e prego de cargos formulados no expediente sancionador C-9/2000, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número C-9/2000, contra Francisco Caldelas Vidal, titular do establecemento denominado BAR M-3 e a empresa operadora Electrónicos Erma, S.A. por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-lo acordo de iniciación e o prego de cargos, por non ser posible a notificación a Francisco Caldelas Vidal no establecemento de referencia nin no último domicilio coñecido (Lugar Herbón, 15900-Padrón).

Acordo de apertura:

O director xeral de Interior por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, con data do 3 de abril de 2000 adoptou o seguinte acordo:

1. Proceder ó arquivo do expediente sancionador C-19/1999.

2. Reabri-lo procedemento, incoando novo expediente sancionador, de acordo co establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar contra:

A empresa operadora Electrónicos Erma, S.A., CIF: A-15.062.953.

O titular do establecemento M-3, Francisco Caldelas Vidal, DNI: 44.812.148 Y.

2. Nomear instructora e secretario do procedemento respectivamente a :

Margarita Olmo Bosco e José María Díaz Barús.

Prego de cargos:

1. Te-la empresa operadora Electrónicos Erma, S.A., o día 14 de maio de 1999, no establecemento denominado Bar M-3 sito na rúa Campo da Feira, nº 15-baixo, do concello de Padrón, do que é titular Francisco Caldelas Vidal, unha máquina recreativa tipo B modelo B-2050, serie nº 98-1366 con guía de circulación nº 1391307 e autorización de explotación C-8513; e unha máquina tipo A, modelo A-2596, serie nº 98-64, con guía de circulación nº 5098547 e autorización de explotación C-33571. No momento da inspección ámbalas dúas

máquinas carecen de habilitación, boletín de instalación e comunicación de instalación.

2. Tales feitos poderían constituír unha infracción moi grave ou grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo.

3. De considerarse como moi grave, corresponderíalle segundo o artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, unha multa de 1.000.001 ata 2.000.000 de pesetas, e de considerarse grave corresponderíalle unha multa de 100.001 ata 1.000.000 de pesetas.

De conformidade co artigo 32.2º da Lei 14/1985, do 23 de outubro, as sancións serán impostas, de considerarse moi graves, polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais; e, de considerarse graves, polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O que se lle notifica de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que alegue e presente a documentación que estime pertinente na súa defensa, así como solicita-lo recibimento a proba do expediente expresando os puntos de feito sobre os que versará e articulando a proba de que intente valerse.

De conformidade co artigo 13.1º c) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, poderá recusa-la instructora e o secretario do procedemento segundo o recollido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Segundo sinala o artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, no suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo para resolver e notifica-lo procedemento é de 6 meses, contados desde o acordo de apertura, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictado resolución, producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións (artigo 44.2º da Lei 30/1992).

A Coruña, 8 de maio de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña