Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 43/2000.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notifícar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; transcorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presentaren as alegacións que estimen oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998 do 14 de maio.

Expediente nº: 43/2000.

Acta Inf. nº 1563/99 (I).

Empresa: Construcciones Couto Calvo, S.L.

NIF/DNI: B-15.590.342.

Enderezo: praza Sofán, nº 6. 15100-Carballo (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificantes de notificación.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 9 de maio de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña