Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.225

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector para as industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña.

Visto o texto da acta asinada o día 20 de marzo de 2000 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de industrias de carpintería e ebanistería da provincial da Coruña, integrada en repre

sentación da parte conómica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería, e da parte social por UGT e CC.OO., no que se aproban as táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo mencionado, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-4-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de abril de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para as industrias de carpintería e ebanistería da Coruña

Acta:

Asistentes:

Parte empresarial:

Cándido Hermida Campos.

Ramón Caramés Seoane.

Jesús Rey Barral.

Parte social:

Jesús Mª Calvo Romero, UGT.

Celestino Pérez Vázquez, UGT.

José Luis Paz Pena, CC.OO.

Santiago Huertas Pazurama, CC.OO.

Na Coruña, ás 10 horas do día 20 de marzo de 2000, nos locais da Asociación de Empresarios, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial para as industrias de carpintería e ebanistería da Coruña.

O único punto é a elaboración das táboas salariais para o ano 2000, en aplicación do artigo 4 do convenio.

Acórdase elabora-las mencionadas táboas para o ano 2000, incrementando o 3,5% por se-lo IPC previsto polo Goberno en tódolos conceptos económicos.

Aproba-las táboas que se xuntan para a súa publicación no BOP.

E, non habendo máis asuntos que tratar, deuse por rematada a reunión, ás 11.30 horas da data arriba indicada.

Táboas salariais 2000

Salario díaSalario mes

Persoal obreiro
Encargado4.253129.360
Oficial primeira4.174126.957
Oficial segunda4.092124.458
Axudante4.007121.894
Especialista3.926119.427
Peón3.852117.164
Técnicos
I. proxectista131.873
Perito129.020
ATS129.020
Delineante124.132
Auxiliar analista121.524
Persoal subalterno
Ordenanza115.986
Garda e vixilante115.986
Persoal administrativo
Xefe de primeira131.873
Xefe de segunda129.020
Oficial de primeira129.020
Oficial de segunda124.132
Auxiliar121.524

Complemento de asistencia206
Complemento de transporte477