Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de maio de 2000 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público para a concesión de axudas para a realización de dous proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitaria de Galicia.

O Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento PGIDT 1999-2001, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de decembro de 1998, prevé a utilización de diferentes instrumentos para levar a cabo a execución dos seus programas. Ademais dos instrumentos ordinarios, considera outros máis específicos, con frecuencia de utilización esporádica e que responden ós obxectivos concretos de cada programa. Neste terreo encádrase a presente convocatoria e con ela, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento pretende, en coordinación coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a realización de proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitarios de Galicia, por parte de equipos de investigación integrados nunha institución pública

da Comunidade Autónoma, co fin de estimula-la investigación sectorial no ámbito educativo.

Polo que antecede, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

1. Convócase concurso público para a concesión de axudas para a realización de dous proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitaria de Galicia que tratarán sobre os seguintes temas:

Proxecto A: avaliación dos servicios de orientación, que considerará os seguintes obxectivos:

1. Obxectivo xeral:

a) Valora-lo funcionamento dos servicios de orientación internos e externos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e determinar, de se-lo caso, posibles medidas de mellora.

2. Obxectivos específicos:

a) Avalia-lo cumprimento, por parte dos servicios de orientación, das funcións asignadas pola Administración autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o Real decreto 120/1998 (DOG do 27 de abril) e a Orde do 24 de xullo de 1999.

b) Coñece-la valoración que fan os colectivos implicados (directivos, docentes, alumnado, familias e orientadores) no proceso educativo en canto á función orientadora nos centros galegos.

c) Avalia-la disposición e utilización dos recursos que facilitan o desenvolvemento dos plans de orientación vixentes nos centros escolares galegos.

d) Concreta-los campos de actuación con vistas a intervencións globais e/ou puntuais que contribúan a mellora-lo funcionamento dos servicios de orientación.

Proxecto B: posibles causas da deficiente competencia comunicativa oral do alumnado no dominio de linguas estranxeiras, que considerará os seguintes obxectivos:

1. Obxectivo xeral:

Analizar qué factores académicos determinan, a pesar das innovacións curriculares introducidas pola implantación da LOXSE, que o alumnado de niveis non universitarios acaden unha insuficiente competencia comunicativa oral en lingua estranxeira e determinar en qué grao se poden tipificar e corrixir estes factores.

2. Obxectivos específicos:

a) Describi-la situación actual en Galicia respecto da insuficiencia na competencia oral en linguas estranxeiras percibida no alumnado dos niveis non universitarios.

b) Detectar e analiza-las necesidades do profesorado de linguas estranxeiras en relación co desenvolvemento da competencia comunicativa oral por parte do alumnado.

c) Analiza-los procesos de apropiación que segue o alumnado para o desenvolvemento da competencia

comunicativa oral e identificar, se é o caso, factores de regresión.

d) Delimitar e bosquexar un diagnóstico das principais causas que están provocando no alumnado unha desigual consecución da competencia comunicativa oral en linguas estranxeiras.

e) Realizar propostas concretas (formativas, organizativas, de política educativa, etc.) orientadas a aborda-la corrección das posibles causas determinantes desta situación educativa.

2. Para a concesión das axudas obxecto desta convocatoria destinaranse, como máximo, un total de doce millóns setecentas trinta mil pesetas (12.730.000 ptas., 76.509 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2000 e 2001 de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2000Ano 2001Total

Proxecto A3.500.000 ptas.2.730.000 ptas.6.230.000 ptas.
21.035,4 euros16.408 euros37.443 euros

Proxecto B3.000.000 ptas.3.500.000 ptas.6.500.000 ptas.
18.030,3 euros21.035,4 euros39.066 euros

Non obstante, as cantidades antes fixadas para cada tipo de proxecto poderán ser obxecto de redistribución nos anos 2000 e 2001, sen modifica-lo importe máximo total de cada proxecto, de acordo coas peticións presentadas e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e sen excede-los límites establecidos no artigo 58.3º do Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 2º

As solicitudes, no modelo oficial PXI-19, a carauta externa do cal se publica como anexo á presente orde e dispoñible en Internet nos enderezos: http://www.cesga.es/sxid e http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm co visto e prace do representante legal do correspondente organismo, asinadas por investigadores de centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

-Composición do equipo que levará a cabo o correspondente estudio.

-Currículum vitae normalizado de cada un dos membros do equipo.

-O equipo investigador deberá dispoñer de tempo para a realización do proxecto solicitado; para tal efecto indicaranse os proxectos vixentes de que dis

poñen os seus membros, así como a data de finalización destes, utilizando para iso o impreso de declaración de financiamento vixente que figura no modelo de solicitude.

-Metodoloxía que se vai empregar e medios dos que dispón o equipo para a realización do traballo.

-Plan do traballo.

-Prazo de execución do traballo (o traballo deberá estar acabado antes do 30 de xuño de 2001).

-Declaración xurada do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

As solicitudes presentaranse desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no DOG ata o 19 de xuño de 2000.

Non adaptarse ós termos da convocatoria será causa de desestimación da solicitude presentada.

Artigo 3º

Por parte dos servicios da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarase que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na presente orde e no caso de que a solicitude non estivera convenientemente cuberta ou acompañada da correspondente documentación, o solicitante será requirido para que, no prazo máximo de dez días, emende a falta e engada os documentos preceptivos, con indicación de que, de non facelo, será considerado desistido da súa petición e procederase, logo de resolución, ó arquivo desta de acordo co disposto no artigo 71.1º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

Artigo 4º

A selección dos beneficiarios das axudas, logo da súa valoración por expertos, será realizada por unha comisión constituída por cinco membros dos que tres serán designados pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A comisión elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento para que resolva.

A comisión terá en conta os seguintes criterios:

-O informe técnico elaborado polos expertos.

-A valoración dos resultados obtidos polos investigadores que formen o equipo en proxectos realizados anteriormente.

-Os medios de que dispón o equipo.

-O plan de traballo.

Artigo 5º

O libramento da axuda realizarase a través do correspondente organismo, logo da presentación das correspondentes certificacións de gasto e de acordo coa normativa vixente. Poderán efectuarse anticipos ou pagamentos parciais segundo o establecido no artigo 37 da Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000.

Así mesmo, antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Os beneficiarios quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Ó finaliza-lo proxecto, os beneficiarios das axudas deberán presenta-lo informe final no que se resuma a totalidade do traballo realizado.

O incumprimento dos compromisos adquiridos de acordo cos termos do proxecto presentado e coas bases da presente convocatoria dará lugar á revogación da axuda concedida e á reclamación das cantidades xa pagadas, de conformidade co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción establecida na Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e da función pública e actuación administrativa.

Artigo 6º

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º

Para os efectos establecidos no artigo 42 da Lei 4/1999, o prazo máximo para resolve-las solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de seis meses, contados a partir da data de publicación da presente convocatoria. No caso de non caer resolución dentro do mencionado prazo, entenderanse desestimadas as solicitudes formuladas.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública