Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 24-4-2000, adoptou entre outros o acordo de aprobar inicialmente, por instancia de Manuel Rodríguez Lareo, o estudio de detalle e o proxecto de compensación do predio nº 65, polígono 6 de Cacheiras, situado en Covas e clasificado como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamenteo do concello.

A parcela ten unha superficie neta de 406,86 m, e linda: norte: casa nº 7 do lugar de Covas; sur: Manuel Sanluís; leste: camiño e oeste: coa estrada comarcal de Santiago de Compostela-A Estrada (C-541).

O expediente exponse ó público na secretaría do concello, polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 16 de maio de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde