Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:

Obxecto: novo encanamento de 200 mm de diámetro desde O Carballo ata o depósito de Sarro, cruzamento con topo na N-VI e ampliación de varios treitos para pechar aneis na rúa Miguel Hernández.

Orzamento de licitación: 15.802.062 pesetas (co IVE).

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: dous meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros, durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 11 de maio de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa