O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:
Obxecto: instalación de cuberta e construcción de vestiarios na pista polideportiva de Iñás.
Orzamento de licitación: 27.428.056 pesetas (co IVE).
Fianzas:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazo de execución: dezaseis semanas.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros, durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na secretaría xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 11 de maio de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa