Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MURAS

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra: abastecemento de auga ó Viveiró. Continuación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Muras.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de abastecemento auga ó Viveiró, continuación.

b) Lugar de execución: Muras.

c) Prazo de execución: catro meses, a partir da data da sinatura da acta de comprobación de planeamento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 14.920.000 pesetas (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Muras (secretaría).

b) Domicilio: praza do Concello, 3.

c) Localidade e código postal: 27836-Muras.

d) Teléfono e fax: 982 50 00 01 e 982 50 00 63.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: de 9 a 14 horas, durante trece días naturais contados a partir da publicación do anuncio de licitación no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista no prego de cláusulas económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Muras (rexistro xeral).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Muras. Salón de sesións.

b) Data: terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, non coincidente con sábado; en tal caso faríase o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: trece horas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios, así como outros que se deriven da formalización do contrato.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, se encontra sometido á información pública o prego de condicións técnico-administrativas que rexerá esta contratación, por medio deste anuncio faise saber que, de se presentaren reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso, publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Muras, 11 de maio de 2000.

Issam Alnagm Azzam

Alcalde-presidente