Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2000 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra unidade de acollida da residencia de alumnos/as maiores da C.I. Príncipe Felipe.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra, por importe de 14.986.643 pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do tipo de licitación.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 18 de maio de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado