Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 24 de maio de 2000 pola que se modifica o Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do su consello regulador.

Por Orde do 17 de marzo de 1988, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, recoñeceu a denominación de orixe Rías Baixas para os viños producidos nesta zona vitivinícola. Seguidamente por Orde do 4 de xullo de 1988, aprobouse o Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu consello regulador.

Posteriormente, por Orde do 23 de outubro de 1996, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, apróbase un novo Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas e do seu consello regulador, que foi posteriormente modificado polas ordes do 9 de xullo de 1997, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, e do 4 de agosto de 1999, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Co tempo esta denominación foi crecendo de xeito ordenado, acadando un bo grao de desenvolvemento tanto no sector productor como no de industrias elaboradoras, facéndose necesario amplia-la superficie

vitícola amparada pola denominación unha vez avaliados os informes técnicos presentados polo consello regulador da denominación de orixe Rías Baixas ó respecto.

En consecuencia, por petición do sector interesado e de conformidade co artigo 30.I.3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícanse os artigos 4º.1 e 12º.1.A do Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas, aprobado pola Orde do 23 de outubro de 1996, e modificado por útlima ver pola Orde do 4 de agosto de 1999 quedando redactados como se expresa a continuación:

Artigo 4º

1. A zona de producción dos viños protexidos pola denominación de orixe Rías Baixas está constituida polos terreos que o consello regulador considere aptos para a producción de uvas das variedades que se indican no artigo 5º, coa calidade necesaria para obter viños das características específicas dos ampa

rados pola denominación, e que se encontren nos termos municipais e lugares que compoñen as subzonas seguintes:

a) Subzona Val do Salnés: concellos de Cambados, Meaño, Sanxenxo, Ribadumia, Meis, Vilanova de Arousa, Portas, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Barro, O Grove e A Illa de Arousa.

b) Subzona Condado do Tea: concellos de Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, Crecente, Salceda de Caselas e Ponteareas, así como as parroquias que se citan dos seguintes concellos:

-Concello da Cañiza: parroquia de Valeixe.

-Concello de Tui: parroquias de Guillarei, Páramos, Baldráns e Caldelas de Tui.

-Concello de Mos: parroquia de Louredo.

c) Subzona O Rosal: concellos do Rosal, Tomiño e A Garda, así como as parroquias que se citan dos seguintes concellos:

-Concello de Tui: parroquias de Pexegueiro, Areas, Malvás, Ribadelouro, Rebordáns, Pazos de Reis, Randufe e Tui.

-Concello de Gondomar: parroquias de Mañufe e Vilaza.

d) Subzona Soutomaior: concello de Soutomaior.

e) Subzona Ribeira do Ulla: concello de Vedra e as parroquias que se citan nos seguintes concellos:

-Concello de Padrón: parroquias de Rumille, Carcacía, Iria Flavia e Herbón.

-Concello de Teo: parroquias de Oza, Teo, Lampai, Vaamonde, Rarís, Vilariño e Reis.

-Concello de Boqueixón: parroquias de Codeso, Pousada, Oural, Ledesma, Donas e Sucira.

-Concello de Touro: parroquia de Bendaña.

-Concello da Estrada: parroquias de Arnois, Couso, Cora, Oca, Santeles, Paradela, Berres, San Miguel de Castro, San Xurxo de Vea, Ribeira, Riobó, Santa Cristina de Vea, Baloira e Santa Mariña de Barcala.

-Concello de Silleda: parroquia de Cira.

-Concello de Vila de Cruces: parroquias de Camanzo, Gres, Añobre.

Artigo 12º

1. Os tipos de viños amparados pola denominación de orixe Rías Baixas e as súas características son:

A. Tipos. Fíxanse exclusivamente os seguintes:

a) Brancos:

a.1. Rías Baixas Albariño: viño monovarietal elaborado co 100 por 100 de uvas da variedade albariño.

a.2. Rías Baixas Condado do Tea: elaborado con uvas das variedades albariño e treixadura nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades, todas elas producidas na subzona do Condado do Tea.

a.3. Rías Baixas Rosal: elaborado a partir de uvas das variedades albariño e loureira nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades, todas elas producidas na subzona do Rosal.

a.4. Rías Baixas Salnés: elaborado a partir de uvas albariño nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades, todas elas producidas na subzona Val do Salnés.

a.5. Rías Baixas Ribeira do Ulla: elaborado a partir de uvas albariño nun 70% como mínimo, sendo o resto das demais variedades, todas elas producidas na subzona Ribeira do Ulla.

a.6. Rías Baixas: elaborado a partir das variedades brancas recoñecidas, producido elaborado, embotellado e etiquetaxe en calquera das subzonas citadas no artigo 4º, utilizando ó menos un 70% de uvas das variedades preferentes.

a.7. Rías Baixas Barrica: procedente de viños definidos anteriormente, que no seu proceso de elaboración permanece en envases de madeira de carballo, por un período mínimo de tres meses.

b) Tintos:

b.1. Rías Baixas: elaborado a partir das variedades tintas recoñecidas, producidas en calquera das subzonas citadas no artigo 4º e nas proporcións que se estime axeitadas.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria