Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para a edición do libro Pinturas murales del monasterio de Oseira.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a edición de 2.000 exemplares do libro Pinturas murales del monasterio de Oseira, mediante concurso, en procedento aberto e trámite ordinario, con tipo máximo de licitación á baixa de 2.400 ptas. por exemplar. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 16 de maio de 2000.

O presidente

Rubricado