Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000 pola que se anuncia concurso para adxudicar, mediante procedemento aberto, a subministración de vintecinco ordenadores con destino a distintos servicios da Deputación Provincial de Pontevedra.

Obxecto: a subministración de vintecinco ordenadores con destino a distintos servicios da Deputación Provincial de Pontevedra.

Tipo de licitación: establécese en 7.000.000 de ptas. (42.070,84 euros) IVE incluído.

Presentación de plicas: durante quince días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra, teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 11 de maio de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado