Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de tres ambulancias asistenciais con destino á Cruz Vermella Española (provincia da Coruña). (Expediente 00/2476 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de tres ambulancias asistenciais con destino á Cruz Vermella Española (provincia da Coruña).

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: dous meses.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 15.000.000 de pesetas, 90.151,82 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5 - 15003, A Coruña. Telf.: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 15 de maio de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña