Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria. (Expediente 4514/2000 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: organización e coordinación do X Programa Noite de Cine.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: 8 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da adxudicación do contrato.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 18.273.500 ptas., IVE incluído, 109.826,95 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 11 de maio de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña