Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do PEEC e o seu catálogo complementario no cuarteirón número 28 (5090/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 24 de abril de 2000, acordou desestima-las alegacións presentadas durante o período de información Pública e aprobar definitivamente o expediente de modificación puntual do Plan especial e catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos para conservar de Vigo, no cuarteirón nº 8, co contido que na memoria se especifica: modificación das aliñacións interiores do cuarteirón nº 23, catalogado como API no proxecto de urbanización, e modificación das fichas dos edificios situados na rúa Policarpo Sanz nº 24-26 e Velázquez Moreno nº 18-20, para a súa rehabilitación como Centro Cultural Caixa Vigo, no sentido de suprimi-lo límite de altura das edificacións de referencia fixado nas súas correspondentes fichas, pasando a rexe-los límites xerais das ordenanzas do PEEC por largo de rúa, 21 metros e 15 metros para as rúas Policarpo Sanz e Velázquez Moreno respectivamente, sen outras excepcións que as necesarias, co fin de posibilitar un

axuste coherente entre a altura en dimensión e en número de plantas, deixándolle dentro destes límites á Comisión de Seguimento do PEEC a tarefa de determina-las alturas das edificacións en cuestión; conforme a memoria e documentación elaborada polo arquitecto municipal adscrito á Oficinal de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo, de setembro de 1999, coas modificacións e correccións que se recollen no citada acordo plenario.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecidono artigo 48.2º da Lei 1/9997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerese os seguintes recursos:

a) Contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente intepoñer.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio deste anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se poida practica-la notificación intentada.

Vigo, 11 de maio de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo de Vigo