Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O alcalde aprobou, o día 28 de abril de 2000, o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración dun vehículo todo terreo.

Anúnciase simultaneamente o concurso, aínda que se aprazará, cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.

-Prezo: fíxase un máximo de 4.100.000 pesetas, IVE incluído. Ofertarao o licitador.

-Garantías: provisional: 82.000 pesetas. Definitiva: 164.000 pesetas.

-Presentación de plicas: nos 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG, (conta desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas de luns a venres, no rexistro do concello.

-Apertura de ofertas: o cuarto día hábil seguinte ó da apertura dos sobres B, en sesión pública na casa do concello, ás 12 horas.

Nogueira de Ramuín, 3 de maio de 2000.

José Eugenio Galindo González

Alcalde