Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 2/2000).

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 28 de abril de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle do APE I11.01, Camiño da Capela, presentado por Ramón Bahamonde Santiso e outro, como presidente da Comisión Xestora do devandito APE.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse na Oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, sito na Avda. da Mariña, número 18, das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación serán aboados polo promotor: Comisión Xestora do APE I11.01.

A Coruña, 8 de maio de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo