Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador P-1/2000, incoado ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador número P-1/2000 contra Marina Sixto Senlle, titular do establecemento denominado Bar Pana's e a empresa operadora Recreativos Diz Señoráns, S.L. por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-la proposta de resolución por resultar descoñecido o domicilio de Marina Sixto Senlle.

Proposta de resolución.

Primeiro.-Sanciona-la empresa operadora Diz Señoráns, S.L., solidariamente cos seus xerentes ou apoderados, cunha multa de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 pesetas), como responsable da infracción administrativa grave especificada no fundamento xurídico terceiro desta proposta de resolución.

Segundo.-Sancionar a Marina Sixto Senlle, titular do establecemento denominado Cafe-Bar Pana's, sito en Fragua , Deiro, con multa de duascentas cincuenta mil pesetas (250.000 pesetas), como responsable da infracción administrativa grave especificada no fundamento xurídico terceiro desta proposta de resolución.

Fronte a esta proposta de resolución poderán os interesados, no prazo de oito días a partir do seguinte o da súa notificación, alega-lo que ó seu dereito conveña, de conformidade co establecido no artigo 7.2º d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

Pontevedra, 24 de abril de 2000.

Juan Girón Astray

Instructor