Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O pleno do concello aprobou o día 5 de maio de 2000, o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de material de fontanería, electricidade e construcción. As unidades están fixadas no prego de condicións. A entrega realizarase no Concello de Nogueira de Ramuín.

Anúnciase simultaneamente o concurso, aínda que se aprazará, cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.

-Prezo: ofertarao o licitador.

-Garantías: provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: 200.000 pesetas.

-Presentación de plicas: nos 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (conta desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas, de luns a venres, no rexistro do concello.

-Apertura de ofertas: o cuarto día hábil seguinte ó da apertura dos sobres B, en sesión pública na casa do concello, ás 12 horas.

Nogueira de Ramuín, 11 de maio de 2000.

José Eugenio Galindo González

Alcalde