Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se adxudican as bolsas para formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior correspondentes ó programa de investigación mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocadas no anexo V da Orde do 6 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 6 de marzo de 2000 (DOG do 13 de marzo) aprobabas as bases para a convocatoria

de bolsas de formación en temas de investigación mariña, para técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior (anexo V) do programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na base 7 do anexo V da mencionada orde de convocatoria determinábase que a avaliación das solicitudes sería efectuada por unha comisión para designar polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola citada comisión, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación

RESOLVEN:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas, segundo as especialidades e os centros de especialización ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo I desta resolución, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación procederán, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicárlle-la dita axuda a outros cantidatos, de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo II desta resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo II.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 6 de marzo de 2000 (DOG do 13 de marzo), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

Joaquín Mariño CadarsoMiguel Ángel Ríos Fernández

Director xeral deSecretario xeral de

Formación PesqueiraInvestigación e Desenvolvemento

e Investigación

ANEXO I

Bolsas de formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior

Adxudicatarios

*Centro de Investigacións Mariñas.

-T.E. análises e procesos básicos:

González Carracelas, Diego (36149589-Y).

García Barreiro, Mª Esther (44819177-C).

Lado Pose, Leticia (36094203-G).

-T.E. anatomía patolóxica-T.S. anatomía patolóxica e citoloxía:

Domínguez González, Dolores (36141276-L).

-T.E. cultivos mariños-T.S. producción acuícola:

Santamaría Búa, Iria (35465992-S).

Martín Sánchez, Mª Helena (32666300-K).

Andrade García, Marta (76368528-H).

-T.S. administración de sistemas informáticos-T.S. desenvolvemento de aplicacións informáticas:

Deserta: por non terse presentada ningunha solicitude.

*Centro de Cultivos Mariños.

Couso Dacosta, Miryan Séfora (78736290-E).

ANEXO II

Bolsas de formación en temas de investigación mariña de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior

Suplentes

*Centro de Investigacións Mariñas.

-T.E. análises e procesos básicos:

Llevot Sánchez, María Jesús (35301067-T).

-T.E. anatomía patolóxica-T.S. anatomía patolóxica e citoloxía.

Lago Rouco, Mónica (36149742-K).

Tieso González, Mª Ángeles (76932165-V).

-T.E. cultivos mariños-T.S. producción acuícola.

García Graña, Manuel (78738411-G).

Carrera Formoso, Carmen (32825733-H).

Darriba Santiago, Consuelo (35459930-W).

*Centro de Cultivos Mariños:

García Graña, Manuel (78738411-G).

Carrera Formoso, Carmen (32825733-H).

Llevot Sánchez, María Jesús (35301067-T).