Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.988

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXAVIGO E OURENSE

ANUNCIO de asemblea xeral e extraordinaria.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros de Vigo e Ourense-Caixavigo e Ourense, na súa sesión do 30 de marzo de 2000, a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria e extraordinaria. A reunión terá lugar o xoves, día 8 de xuño de 2000, na sala de conferencias do centro cultural da entidade, sito na rúa Policarpo Sanz nº 13, da cidade de Vigo, ás dezaoito horas, en primeira convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segunda convocatoria, de conformidade coa seguinte orde do día.

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Aprobación, de se-lo caso, da xestión do Consello de Administración, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación destes do exercicio 1999. Informe ó respecto da Comisión de Control.

3. Aprobación, de se-lo caso, das liñas xerais do plan de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento de obra social 1999 e orzamento para 2000.

5. Informe da Comisión de Control sobre a súa actuación en 1999.

6. Exame e aprobación da fusión de Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, como segunda fase da integración.

7. Aprobación, se é o caso, como balance de fusión, do balance da entidade pechado ó 31 de decembro de 1999, verificado polos auditores de contas.

8. Aprobación, se é o caso, das modificacións estatutarias que se van producir en Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, do texto refundido dos estatutos polos que se rexerá a Caixa de Aforros de Vigo e Pontevedra e do Regulamento regulador do sistema de designación e elección dos órganos de goberno.

9. Aprobación, de se-lo caso, dos pactos complementarios da fusión.

10. Documentación de acordos e delegación de facultades.

11. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión pola asemblea.

Nota: comunícaselles ós conselleiros xerais que, con quince días de anticipación á data de realización da asemblea en primeira convocatoria, atoparanse á súa disposición na sede central da entidade, o proxecto de fusión e anexos, as contas anuais e informes de xestión dos exercicios 1997, 1998 e 1999 das entidades Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e os correspondentes informes de auditoría sobre estes, informe da Comisión de Control, os estatutos das caixas que se fusionan, o contido das modificacións propostas para os estatutos de Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e o proxecto de texto refundido dos estatutos polos que, de se-lo caso, se estará a rexe-la entidade Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, o Regulamento regulador do sistema de designación e elección dos órganos de goberno de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, os informes dos administradores das entidades participantes na fusión, incluíndo a

fundamentación económica e xurídica da fusión proxectada, organización resultante e programa extratéxico, os balances de fusión das entidades Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, o balance resultante da fusión, o informe xustificativo das diferencias de valor existentes entre o balance de fusión de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e o último balance aprobado e do que se fixo auditoría da mesma entidade, os informes de expertos independentes sobre o proxecto de fusión e sobre o patrimonio achegado polas entidades participantes, o proxecto de escritura de fusión, os órganos de goberno de Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, de Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra e composición destes.

Así mesmo, prégase ós conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de xeito que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 11 de maio de 2000.

Co-presidentes

Ramón Cornejo MolínsManuel Bermúdez Couso