Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 22 de maio de 2000 Páx. 7.987

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

De conformidade co disposto estatutariamente, e por acordo do consello de administración, convócase asemblea xeral ordinaria da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra para o día oito de xuño de dous mil, que terá lugar no auditorio, situado no edificio social da entidade, sito na rúa Augusto González Besada, 2 e 4 de Pontevedra (acceso polo polígono de Campolongo), ás 18 horas na primeira convocatoria, e de se-lo caso, en segunda convocatoria, no mesmo día e en igual lugar, as 18.30 horas, para trata-los asuntos comprendidos na seguinte:

Orde do día.

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Aprobación, de se-lo caso, da xestión do consello de administración, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación destes. Informe ó respecto da comisión de control. Informe de auditores externos.

3. Aprobación, de se-lo caso, das liñas xerais do plan de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento da OBS 1999 e orzamento para o ano 2000.

5. Exame e aprobación da fusión de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra e da Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, como segunda fase da integración.

6. Aprobación, se é o caso, como balance de fusión, do balance da entidade pechado ó 31 de decembro de 1999, verificado polos auditores de contas.

7. Aprobación, se é o caso, das modificacións estatutarias que se producirán na Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, do texto refundido dos estatutos polos que se rexerá a Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra e do regulamento do sistema de designación e elección dos órganos de goberno.

8. Aprobación, se é o caso, dos pactos complementarios da fusión.

9. Documentación de acordos e delegación de facultades.

10. Aprobaciónda acta da sesión.

Con quince días de antelación á data da asemblea, os conselleiros xerais terán á súa disposición, na secretaría técnica da entidade, toda a documentación necesaria para a análise dos puntos que contén a orde do día establecida.

Pontevedra, 3 de maio de 2000.

Manuel Campos Villarino

Presidente do consello de administración