Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 4 de maio do ano que corre, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación por concurso da separata de obras de finalización do proxecto de centro sociocultural, xuvenil e da 3ª idade, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, aínda que no suposto de presentarse reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso se aprazará cando resulte necesario ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Separata de obras de finalización do proxecto de centro sociocultural, xuvenil e da 3ª idade.

b) Lugar de execución: concello da Pastoriza.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Orzamento base de licitación, importe total: 20.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías.

a) Provisional: 400.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación no grupo C, subgrupos 2 e 4 ó 9, inclusive, categoría b).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza; praza de Galicia, nº 1.

9. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

-Antecedentes relativos a obras de natureza análoga realizadas polo contratista para este concello e para as distintas administracións públicas: ata seis puntos.

-Prazo de execución da obra ofertado polo contratista: ata catro puntos, a criterio da mesa de contratación, condicionado á súa viabilidade.

-Menor prezo ofertado: ata dous puntos.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 8 de maio de 2000.

José Yáñez García

Alcalde