Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (229/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 19 de abril do ano 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 8 do SU-15 do PXOU de Ourense por instancia de José Senén Murias Taboada e irmáns e Río Arenteiro significando á propiedade que non se outorgará a aprobación definitiva sen que se proceda ó levantamento da hipoteca que afecta a un dos predios, no ámbito dos terreos de cesión gratuíta e obrigatoria, podendo condicionar aquela a esta esixencia.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días que comezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 8 de maio de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde