Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Publicado no Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril, anuncio de licitación para a adquisición dun vehículo para o servicio da corporación, por Decreto da alcaldía do 27 de abril de 2000, aprázase a licitación de conformidade co disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, ó producírense alegacións contra o sinalado prego, e estimarse pola Comisión de Goberno, do 3 de maio de 2000, a alegación presentada en relación coa cilindrada do vehículo, modificándose en consecuencia a letra A.2 do prego de condicións técnicas, que pasa de 1.900 a 1.850 centímetros cúbicos, e abríndose un novo prazo de licitación semellante ó anterior, contado a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, o que se pon de manifesto para os efectos oportunos. E para aqueles licitadores que tivesen presentada oferta retirala, de se-lo caso e presentar unha nova se procedese.

Lugo, 3 de maio de 2000.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área