Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A comisión de goberno, na sesión que tivo lugar o 12 de abril de 2000, aprobou a forma de adxudicación, mediante poxa, para a venda da parcela CS-1 do polígono da Augas Férreas. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servico de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a venda, mediante poxa, das seguintes parcelas:

- CS1-1 de 1.005,70 metros cadrados.

- CS1-2 de 1.366,50 metros cadrados.

E a CS1-3 de 1.187,80 metros cadrados froito da segregación da parcela CS-1 do polígono de Augas Férreas; é de aplicación o sinalado no prego de condicións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Tipo de licitación.

Os licitadores poderán presentar oferta para unha, varias ou a totalidade das parcelas e sinálanse como prezo mínimo de licitación as cantidades seguintes:

- Para a parcela CS1-1, 141.134.700 pesetas.

- Para a parcela CS1-2, 178.002.540 pesetas.

- Para a parcela CS1-3, 175.314.260 pesetas.

As ditas cantidades enténdense sen incluí-los impostos que puidesen corresponderlle. Os ditos prezos poderán ser mellorados á alza e ofertados ó contado. Non obstante, e no caso da parcela CS1-2, os licitadores poderán ofertar como variante, e como parte do prezo, superficie edificada dentro da sinalada parcela, debidamente valorada economicamente.

5. Garantías.

Provisional: parcela CS1-1, 2.822.694 pesetas.

Parcela CS1-2, 3.560.051 pesetas.

Parcela CS1-3, 3.506.285 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Fax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o seguinte día hábil (agás sábado) posterior ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 3 de maio de 2000.

María Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área