Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a contratación das obras reforzo do firme en Son de Abaixo (San Caetano-A Gracia) 2ª fase, reforzo firme Paredes-Pardiñas 2ª fase e pavimentación polideportivo cuberto Roxos incluídas dentro de Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e de rede viaria local do ano 2000.

Tipo de licitación:

Reforzo do firme en Son de Abaixo (2ª fase): 14.997.266 ptas., IVE incluído.

Reforzo firme Paredes-Pardiñas (2ª fase): 10.761.184 ptas., IVE incluído.

Pavimentación polideportivo cuberto Roxos: 100.000.000 de ptas., IVE incluído.

Prazo de execución:

Reforzo do firme en Son de Abaixo (2ª fase): tres meses.

Reforzo firme Paredes-Pardiñas (2ª fase): tres meses.

Pavimentación polideportivo cuberto Roxos: 10 meses a partir da data de adxudicación.

Clasificación do contratista:

Pavimentación polideportivo cuberto Roxos: grupo C, subgrupos 3 e 4, categoría c.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación. Información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios), teléfono: 981 54 23 24, fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova. Rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Santiago de Compostela, Teléfono: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados nos correspondentes pregos de condicións.

Garantías. Provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións:

D/Dª ... con domicilio en ..., rúa ..., nº ..., teléfono ... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº ..., actuando en nome propio (ou en representación de ... DNI ou CIF nº ..., e domicilio ... participa no concurso por procedemento aberto para a licitación ... e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ... ptas., que supón unha baixa de ... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

..., ... de ... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación do concurso ... presentada por ...

..., ... de .. de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado