Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición para declaración ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto denominado Parque Eólico de Corzán. (Expediente 5/1999).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenacion do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someténse a información pública por solicitude da empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Declaración ambiental.

-Aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto Parque Eólico de Corzán.

Denominación: Parque Eólico de Corzán.

Peticionario: Unión Fenosa Enegías Especiales, S.A. R/ Betanzos, 1, 1º Esq. 15004 A Coruña.

Situación: concello de Negreira (A Coruña).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

A (X=511.500, Y=4.753.500)

B (X=513.500, Y=4.753.500)

C (X=516.000, Y=4.753.000)

D (X=516.000, Y=4.751.500)

E (X=517.000, Y=4.750.000)

F (X=517.000, Y=4.748.000)

G (X=514.500, Y=4.745.500)

H (X=511.000, Y=4.748.500)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 22.

-Potencia nominal unitaria: 660 kW.

-Potencia total instalada: 14,52 MW.

-Tipo de aeroxedor: MADE AE-46/I.

-Producción neta anual estimada: 33.396 MWh/ano.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-22 aeroxeradores tipo MADE AE-46/I de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-22 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior da torre do aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación e enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión ata o transformador de 66/20 kV da subestación.

-Liñas subterráneas de cable de fibra óptica de 4 fibras, desde os aeroxeradores á subestación de 66/20 kV.

-Subestación transformadora de 66/20 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico, composta por un transformador principal de 66/20 kV e 20 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV, de 100 kVA de potencia nominal e seis celas de 20 kV cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán face-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 3 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña