Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador AG-SA-131/1999-PO e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo que se mencionan as resolucións dictadas nos expedientes en data 27-3-2000, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación destos, poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 7 de abril de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-131/99-PO.

Denunciado: Juan Cabaleiro Salgado.

Último enderezo coñecido: As Cardosas, nº 1-portal 12-Redondela.

Feito denunciado: falta inscrición vehículo, falta de carné de tratante e falta de guía de orixe.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 52.4º, 212 e 213 do Decreto do 4-2-1955 polo que se aproba o Regulamento á Lei de epizootias de 20-12-1952.

Sanción: 24.000 pesetas segundo o artigo 212, 10.000 pesetas segundo o artigo 213 e 15.000 pesetas segundo o artigo 224.

Expediente: AG-SA-145/99-PO.

Denunciada: Graciana Pérez Comesaña .

Último enderezo coñecido: Vilariño de Abaixo-A Ramallosa-Nigrán.

Feito denunciado: oposición á colaboración do saneamento dos animais.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 2.1.3 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Sanción: 25.000 pesetas segundo o artigo 2.1.3.

Expediente: AG-SA-147/99-PO.

Denunciado: Manuel Capón Carrascoño.

Último enderezo coñecido: r/ Independencia, 4-Vigo.

Feito denunciado: falta de certificado de inscrición do vehículo e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 212 e 52.4º do Decreto 4-2-55 polo que se aproba o Regulamento á Lei de epizootias de 20-12-52.

Sanción: 9.954 pesetas segundo o artigo 212 e 15.000 pesetas segundo o artigo 224.