Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Domicilio social: r/ Tomé, 130, 15000 Santa Comba.
Denominación: reforma da L.M.T. a 20 kV ó C.T. de Ventosa.
Situación: Santa Comba.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.699 m de lonxitude en conductor LA-110, que parte da L.M.T. existente Francos-Santa Catalina e final no C.T. Ventosa. Concello de Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 14 de abril de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña