Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra de Santa Comba.
Domicilio social: Avda. A Tomé, 130, 15000 Santa Comba.
Denominación: L.M.T. a 15/20 kV, C.T. de 50 kVA.
Situación: Abeleiras-Santa Comba.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 578 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Montouto-Illa e final no C.T. que se construirá de 50 kVA no lugar de Abeleiras-concello de Santa Comba.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 14 de abril de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña