Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O pleno, en sesión ordinaria do 6 de abril de 2000, aprobou os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de acceso desde a estrada N-VI ata o centro de saúde e ata a altura da autovía do noroeste ó longo do camiño municipal de Bergazo.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presentar reclamacións contra eles. Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: acceso desde a estrada N-VI ata o centro de saúde e ata a altura da autovía do noroeste ó longo do camiño municipal de Bergazo.

Lugar de execución: Concello do Corgo.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Orzamento de licitación: 15.480.000 pesetas, IVE incluído.

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma:concurso.

Garantías: provisional: 309.600 pesetas.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello do Corgo (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 8 de maio de 2000.

José Antonio Ferreiro González

Alcalde