Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, con procedemento aberto, da obra escola infantil de catro unidades.

Entidade adxudicataria: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Obxecto do contrato: a construcción dunha escola infantil de catro unidades segundo proxecto redactado polo arquitecto Luis Ruibal Rodríguez. Prazo de execución: nove meses.

Tipo de licitación: 54.021.075 pesetas, á baixa. Garantía provisional: 2%. Garantía definitiva: 4%.

Presentación de ofertas, no rexistro xeral, de 9 a 13 horas, nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.De coincidi-lo último día en sábado ou inhábil, trasladaríase ó día seguinte hábil.

Documentos que hai que presentar: sobre 1.-Coa inscrición Documentos. Proxecto de escola infantil,

conterá: documento xustificativo da personalidade do licitador. Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, conforme os artigos 15 ó 20 da Lei 13/1995. Xustificante da solvencia económico-financiera e técnica a que se refiren os artigos 16 e seguintes da Lei 13/1995. Xustificante de ter constituida a fianza provisional. Xustificante da clasificación do contratista no grupo C, subgrupo todos, categoría D.

Sobre 2.-Proposición económica, adaptarase ó modelo de proposición, que figura no prego de condicións.

Sobre 3.-Referencias para a selección. Conterá os seguintes documentos: melloras ó proxecto (de se-lo caso). Certificación de obras de natureza análoga. Nomeamento de facultativo delegado de obra. Relación de equipo e maquinaria dedicado á obra. Plan de control de calidade. As valoracións para resolve-lo concurso, contéñense no prego de condicións.

Apertura de ofertas, ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

Os pregos íntegros e os proxectos están á disposición dos interesados na secretaría xeral en horas de oficina.

Obtención de documentación e información chamando ó Concello da Estrada. Teléfono: 986 57 01 65 extensión 15.

A Estrada, 27 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado