Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO.

En virtude do acordado polo Pleno Municipal, en sesión realizada o día 12 de abril deste ano, anúnciase poxa con procedemento aberto, para a adxudicación da obra denominada abastecemento de auga en Montesalgueiro segunda fase, incluída no Plan de Obras e Servicios 2000.

Tipo de licitación: 10.500.000 ptas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza: provisional non se esixe e definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Expediente: poderá ser examinado en secretaría en horas de oficina.

Proposicións: no prazo de 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, nas oficinas municipais, en horas de 9 a 13.

Modelo de proposición: en modelo oficial conforme o prego de cláusulas administrativas xerais.

Apertura de proposicións: na sala de sesión o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas.

Aranga, 13 de abril de 2000.

José Mosquera Maceiras

Alcalde-presidente