Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.527.297 e doce máis).

A) Obra.

1. Mellora da rede de saneamento e abastecemento no núcleo urbano de Lugo - complementario nº 2. (Lugo).

Clave: OH.527.297.

Orzamento: trescentos oitenta e dous millóns novecentas setenta e seis mil trescentas trinta e cinco pesetas

(382.976.335 pesetas, equivalente a 2.301.734,130 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento de auga ás parroquias do Chao do Fabeiro, Baamorto, Tor, San Xillao de Tor, Reigada, Chavaga, Caneda, Santa Mariña do Monte e Sindrán. (Monforte de Lemos - Lugo).

Clave: OH.227.306.

Orzamento: douscentos vinte millóns de pesetas (220.000.000 de ptas., equivalente a 1.322.226,630 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Ampliación da rede de saneamento de Cespón. (Boiro - A Coruña).

Clave: OH.315.460.

Orzamento: cento cincuenta e nove millóns cento cincuenta e catro mil cento dezaoito pesetas (159.154.118 pesetas, equivalente a 956.535,514 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Acondicionamento do río Madanela ó seu paso por Vilalba. (Vilalba - Lugo).

Clave: OH.427.228.

Orzamento: cento corenta e cinco millóns trinta e cinco mil setecentas setenta pesetas (145.035.770 pesetas, equivalente a 871.682,533 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría d.

Grupo B, subgrupo 2, categoría d.

Grupo G, subgrupo 3, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Ampliación da rede de saneamento en Escarabote. (Boiro - A Coruña).

Clave: OH.315.463.

Orzamento: cento vintesete millóns duascentas noventa e cinco mil oitocentas corenta e oito pesetas (127.295.848 pesetas, equivalente a 765.063,455 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Abastecemento de auga a Samos e parroquias limítrofes - terminación. (Samos - Lugo).

Clave: OH.227.307.

Orzamento: cen millóns de pesetas (100.000.000 de pesetas, equivalente a 601.012,104 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Saneamento integral de Bealo. (Boiro-A Coruña).

Clave: OH.315.464.

Orzamento: noventa e un millóns cento cincuenta e unha mil duascentas trinta e catro pesetas (91.151.234 pesetas, equivalente a 547.829,950 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe

8. Abastecemento e saneamento rúa Manuel Lezón e rúa López Blanco. (Celanova - Ourense).

Clave: OH.532.364.

Orzamento: oitenta e oito millóns duascentas mil pesetas (88.200.000 pesetas, equivalente a 530.092,676 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

9. Ampliación da rede de saneamento de Bueu-primeira fase. (Bueu - Pontevedra).

Clave: OH.336.435.

Orzamento: cincuenta e nove millóns novecentas oitenta e catro mil cen pesetas (59.984.100 pesetas, equivalente a 360.511,702 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

10. Abastecemento e saneamento ó núcleo de Monterrei-primeira fase. (Verín - Ourense).

Clave: OH.532.366.

Orzamento: corenta e un millóns trescentas corenta e catro mil cincocentas trinta e oito pesetas (41.344.538 pesetas, equivalente a 248.485,678 euros).

Prazo de execución: 14 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

11. Abastecemento de auga e saneamento a Chacín-Palmeira. (Ribeira-A Coruña).

Clave: OH.515.458.

Orzamento: trinta e nove millóns catrocentas vinte mil trescentas oitenta e oito pesetas (39.420.388 pesetas, equivalente a 236.921,303 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

12. Abastecemento de auga en parroquias do concello das Neves. (As Neves - Pontevedra).

Clave: OH.236.438.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas trinta e nove mil trescentas corenta pesetas (24.939.340 pesetas, equivalente a 149.888,452 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

13. Saneamento de auga residual en Taragoña e acondicionamento da EDAR en Rianxo. (Rianxo-A Coruña).

Clave: OH.315.450.

Orzamento: douscentos oitenta e cinco millóns seiscentas sesenta e cinco mil seiscentas sesenta pesetas (285.665.660 ptas., equivalente a 1.716.885,195 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras sinaladas no dito epígrafe.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día cinco (5) de xuño de 2000.

F) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras sinaladas na letra A) do presente anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día quince (15) de xuño de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. «Constitución e funcionamento da mesa», do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia