O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 2000, acordou aprobar inicialmente
a modificación puntual do PXMO relativa á fixación de aliñacións no tramo do viario que discorre entre as parcelas declaradas urbanas pola sentencia nº 519/1999.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do dito expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.
Oleiros, 5 de abril de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta