Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 17 de abril de 2000, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas que se citan os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continua

ción non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748 do Banco Gallego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte ó desta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor, ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 17 de abril de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

Juan Canalejo da Coruña

ANEXO

Suxeito pasivoDNI/CIFConceptoPeríodoDébeda

Aguera Pinal, Sonia79.276.254Asistencia

sanitaria

15-6-199723.805
Lazcano de Rojas, Eduardo 50.309.713Asistencia

sanitaria

9-8-199723.805
Fernández Fernández, Mónica9.432.931Asistencia

sanitaria

24-10-1997/25-10-199723.805
Gómez Díaz, Adriana52.024.635Asistencia

sanitaria

29-6-1999/6-7-1999

7-7-1999/7-7-1999

450.229
Cueva Masache, Sergio MiguelSg 70.371Asistencia

sanitaria

12-11-199924.840
Eirín Pérez, José32.419.967Asistencia

sanitaria

17-11-1999/17-11-1999

6-8-1999/6-8-1999

49.680