O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 29 de marzo de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXMO relativa á mudanza de cualificación de solo en parcelas sitas na Avda. das Mariñas (nº 291 a 301) -Ordenanza 8 do actual plan xeral en substitución da Ordenanza 2-A e da reserva viaria previstas na actualidade.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.
Oleiros, 11 de abril de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta