Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión do servicio público de recollida de residuos sólidos urbanos en todo o municipio, así como o seu transporte ó correspondente centro de tratamento.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: recollida de residuos sólidos urbanos en todo o municipio e o seu transporte ó correspondente centro de tratamento.

b) Lugar de execución: Vilaboa.

c) Prazo de duración da concesión do servicio: 5 anos, que poderá ser prorrogado por anualidades sucesivas ata un máximo de 10 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 27.000.000 de ptas (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 540.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación empresarial: grupo 3. Subgrupo 6. Categoría A.

b) Outros requisitos: cláusula 16 do prego.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

b) Documentación que se debe presentar:

-Copia compulsada do DNI do licitador cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, ou escritura de constitución da sociedade mercantil, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario sexa persoa xurídica.

-Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional, polo importe de 540.000 ptas., que pode constituírse de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 36/1995.

-Documentos xustificativos de solvencia económica e financeira, por calquera dos medios que establece o artigo 16 da LCAP.

-Documentos xustificativos de solvencia técnica, conforme o artigo 19 da citada lei.

-Documento acreditativo de estar inscrito no rexistro xeral de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos.

-Certificado expedido pola Delegación de Facenda, acreditativo de estar ó día no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social, expedido polo órgano competente, e dentro da validez da certificación prevista no artigo 10.3º do Real decreto 390/1996, do 1 de maio.

-Certificado da Tesourería Territorial da Seguridade Social, acreditativo de estar ó día no pagamento das súas cotas.

-Declaración xurada, asinada polo licitador ou o seu representante legal, onde se poña de manifesto estar en plena capacidade de obrar, e non estar comprendido en ningunha das circunstancias ou prohibicións para contratar enumeradas nos artigos 20 e seguintes da LCAP 13/1995.

-Clasificación empresarial: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 14 horas, en días hábiles.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á apertura da documentación, na casa do concello.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso:

a.1) Calidade técnica do servicio proposto: ata un máximo de 15 puntos.

a.2) Melloras relacionadas co concurso: ata un máximo de 10 puntos.

a.3) Oferta económica: ata un máximo de 8 puntos.

a.4) Medios persoais e materiais da empresa, cualificación profesional do cadro técnico e experiencia no sector: ata un máximo de 5 puntos.

a.5) Plan de información e motivación ós veciños: ata un máximo de 5 puntos.

Vilaboa, 2 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado