Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, da seguinte obra:

Obxecto: gardería municipal, acondicionamento e ampliación dun edificio existente.

Orzamento: 29.643.675 ptas. (IVE incluído).

Fianzas: provisional: 592.874 ptas. Definitiva: 1.185.747 ptas.

Prazo de execución: 5 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas de 9 a 13, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó último dos anuncios que se publiquen no BOP ou no DOG.

Prego de condicións: poderá recollerse no Negociado de Contratación do concello, de 9 a 13 horas.

Vilanova de Arousa, 5 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado