Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de licitación do contrato de consultoría e asistencia para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilaboa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilaboa.

b) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.474.295 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 289.486 ptas.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15. Telefax: 986 70 83 87.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día en que remate o prazo para a presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

b) Documentación que se debe presentar: a esixida no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, de luns a venres, de 9 a 14.30 horas, sábados de 9 a 1.30 horas, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

8. Apertura das ofertas: ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo para presentación das ofertas (de coincidir en sábado ou festivo, aprazarase ó seguinte día hábil).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación do concurso: establecidos no prego.

11. Publicidade do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas sométese a información pública durante o prazo de 8 días hábiles, desde a publicación do presente anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalo e, de se-lo caso, presentar reclamacións ante este.

En ambos casos, de presentarse reclamacións, a licitación quedará supeditada ata que estas fosen resoltas.

Vilaboa, 2 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado