Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle entre a avenida Martínez Garrido e a rúa Portela (expediente 5453/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 6 de abril de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na Avda. Martínez Garrido e rúa Portela, presentada por Carmen Rodríguez Fuentes, e redactado polo arquitecto José Manuel Quintero Crespo, visado polo COAG con datas do 16 de setembro de 1999 e 28 de xaneiro de 2000.

Sométese o dito expediente ó tramite de información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun xornal dos de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo