Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de poxa, por procedemento aberto, da concesión de bens de uso público municipal na Alameda de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: é a utilización de bens de uso público do Concello de Santiago de Compostela, que comprenden única e exclusivamente a zona de parque e paseos da Alameda, que se describen no plano que se achega ó prego de condicións como anexo nº 1, para a localización de barracas, carruseis e demais postos, elementos e xogos exclusivos e típicos de festa, durante as festas da Ascención e do Apóstolo.

Tipo de licitación: a cantidade que o concesionario deberá aboarlle ó Concello de Santiago de Compostela será a de 17.000.000 de ptas., IVE incluído, como mínimo (102.172 euros); as ofertas realizaranse á alza.

Duración do contrato: desde o 20 de maio ó 4 de xuño, durante as festas da Ascensión, e do 15 de xullo ó 31 de xullo durante as do Apóstolo.

Garantías:

Fianza provisional: 500.000 ptas. Fianza definitiva: 4.000.000 de ptas.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: poderanse presentar no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, en sobres pechados, coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións, no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponde facer no DOG e no BOP da Coruña.

Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello de Santiago de Compostela (secretaría) ás 12 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Prego de condicións e documentación: poderase consultar no Departamento de Contratación e Servicios Comunitarios do Concello de Santiago de Compostela.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación, exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro

xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado