Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (223/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 2 de decembro de 1999, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1º Desestimar integramente a alegación presentada por Daniel García González con base no informe do Departamento de Xestión e Promoción Urbana con data do 30 de novembro de 1999, que será transcrito ó interesado para os efectos de notificación.

2º Aprobar definitivamente por instancia de Proinferla, S.L. representada por Manuel Fernández Lamas, o proxecto de compesación de zona 8 do SU-24.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamente de planeamento.

Ourense, 7 de xaneiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente